Monday 20 de May de 2024

Ovidio Rodeiro felicita aos directores das oficinas de emprego da provincia e anímaos a seguir traballando pegados á xente


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou nun encontro cos 14 directores das Oficinas de Emprego dependentes da Consellería de Economía. Emprego e Industria. A xuntanza de traballo celebrouse na Coruña e contou coa participación do xefe territorial, Isidoro Martínez, e de técnicos do departamento autonómico.

Ovidio Rodeiro animou ao responsables do departamento a “manter este tipo de encontros con máis frecuencia”. “É importante que todos salgamos máis á rúa a coñecer a realidade da provincia e a escoitar”, sinalou o delegado. Neste sentido, felicitou aos directores “polo traballo de cada día e pola vosa perseveranza nunha tarefa non sempre agradable, pero fundamental para o nos primeiro mandato: servir ao cidadán”. “A nosa tarefa ten que estar pegada á xente, e máis se cabe cando falamos dun problema que tanto preocupa á sociedade como o emprego”, engadiu Rodeiro.